A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

domingo, 25 de enero de 2015

Unha fractura xeolóxica podería provocar un episodio sísmico na Rexión Metropolitana

Expertos levan máis de 12 anos investigando unha ruptura da corteza terrestre que se encontra no borde da cordilleira de Santiago, coñecida como a falla de San Ramón.



Según investigadores, a falla de San Ramón, que recorre 25 kilómetros do Río Mapocho ata o Río Maipo, encóntrase activa.

Os xeólogos encargados do estudo "Sondeo de grandes terremotos intraplaca en el flanco oeste de los Andes", aseguraron que a fractura xa ten a suficiente enerxía acumulada para provocar un terremoto dunha "magnitude importante".

"Os últimos dous sismos ocorreron fai 17 mil e 8 mil anos atrás. Cada un desplazou a superficie entre catro e cinco metros, nun só movemento", asegurou o profesor de xeoloxía da Universidade de Chile, Gabriel Vargas.

Rodrigo Álvarez, director nacional de Sernageomin valorou o estudo, pero asegurou que a existencia de fallas "non é algo novo". Álvarez, nunha entrevista, asegurou que "hay que seguir investigando", "Chile é un país sísmico e a pouca cantidade de sismólogos que temos, non di relación coas características do país".







No hay comentarios:

Publicar un comentario