A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

jueves, 29 de enero de 2015

Un estudo confirma que o 'fracking' causou varios terremotos en Ohio

O municipio de Poland, en Ohio (Estados Unidos), sufriu en marzo de 2014 unha serie de cinco terremotos de magnitudes entre 2,1 e 3 na escala Richter. Seísmos que coincidiron no tempo coas operacións de fracking (método de extracción de hidrocarburos mediante fracturación hidráulica) que a empresa Hilcorp Energy estaba realizando nos seus pozos de petróleo e gas situados a menos dun kilómetro de alí. Un estudo da revista Bulletin of the Seismological Society of America (BSSA) asegura que foron estas operacións as que desencadearon os terremotos ao activar una falla descoñecida ata entón.
Fai anos que se coñece que as operacións de fracking poden desencadear seísmos, pero trátanse habitualmente de eventos de baixa magnitude que a poboación non chega a notar. No caso de Ohio, o terremoto de magnitude 3 si que se puido sentir, e chamou a atención do Departamento de Recursos Naturais de Ohio (ODNR), que ordenou ese mismo día deter os traballos no pozo de Hilcorp. Esta controvertida técnica de extracción de gas natural --tamén se usa para estimular a extracción de petróleo-- consiste en perforar o subsolo e inxectar auga a presión mesturada con area e substancias químicas.
Os investigadores da Miami University de Ohio analizaron os datos sismolóxicos da rede Earthscope Transportable Array: atoparon que entre o 4 e o 12 de marzo na zona de Poland se rexistraran 77 terremotos con magnitudes de entre 1 e 3 --o de magnitude 3 notouno a poboación o día 10-- e descubriron que coincidían no tempo con fases específicas da estimulación da fracturación hidráulica.
Agora cómpre sopesar se compensa realmente este innovador método de extracción de petróleo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario