A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

martes, 27 de enero de 2015

Hachadas na Antártida rochas que, ás veces, conteñen diamantes

Nas ladeiras do monte Meredith, na Antártida oriental, uns científicos australianos encontraron kimberlita, unha roca na que, as veces, hai diamantes. Os investigadores realizaron exames de textura, mineralogía e xeoquímica nas mostras e confirman o seu  hallazgo na revista Nature Communications. “É importante recalcar que o artigo non informa do descubrimiento dun depósito viable comercialmente, ou incluso de diamantes; o que comunica o hallazgo de rocas dun tipo que a menudo teñen diamantes”, señala Robert Larter, xeofísico do Servicio Atlántico Británico (BAS).
Os diamantesformanse a altísimas temperatura e presión, a máis de 150 kilómetros no subsolo, na roca fundida do manto terrestre, explica Nature. Millóns de anos despois, as erupcións fan emerxer estas xemas á superficie, donde se preservan en formacións de rocas ígneas chamadas kimberlitas, que se descubriron ata agora en todos os continentes excepto na Antártida. Gregory Yaxley (Universidad Nacional Australiana) e os seus  colegas son os autores dol hallazgo ahora no continente blanco.
“Son resultados moi interesantes, pero non sorprendentes dada a xeología presente na Antártida oriental”, señala Teal Riley, xeólogo do BAS, nun comunicado de dita institución. Recorda, ademais, que solo no 10% aproximadamente de estas kimberlitas son viables económicamente, de maneira que o hallazgo está lexos de poderse extrapolar a unha actividade mineira de diamantes alí.
O Tratado Antártico e o seu Protocolo de Madrid (sobre protección medioambiental antártica), firmado en 1991, establece que está prohibida “calquera actividade relacionada cos recursos minerales, que non sexan investigación científica”, recorda o BAS. En realidade é unha moratoria de 50 anos, de forma que se pode replantear en 2041, sempre e cando estén de acordo á malloría dos países membros do tratado.

1 comentario: