A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

viernes, 9 de mayo de 2014

Que non valía para nada dicían...



Aínda que non o pensedes, a xeoloxía non só se dedica a estudar as pedras nin a saber como estaba formada a Terra fai millóns de anos. Iso son só datos para valorar o estado do noso planeta no presente. A xeoloxía colabora con diferentes materias, é interesante saber que grazas ós estudos xeolóxicos dun lugar, un arquitecto pode saber cal é o sitio adecuado para construír unha casa. Do contrario, ocorren cousas como esta: situación de poboacións en valles de auga torrenciais, ou lugares con actividade sísmica moi forte, o que, se o arquitecto colaborase cun xeólogo, sabería que tería que usar unhas infraestruturas moi diferentes.
Tamén nos serve para ter a electricidade que usamos na nosa vida cotiá, para averiguar dunha forma moito máis precisa e analítica onde están os recursos que, de momento, utilizamos como fontes de enerxía: petróleo, gas natural, etc.
Como vedes, a xeoloxía é moito máis útil do que nos pensamos..todos sabemos que a miúdo lles poñemos etiquetas a moitas cousas e actividades que, cando nos interesamos e coñecemos nos fan cambiar de opinión..E iso foi o que nos pasou a todos este curso con esta asignatura.



E aquí vos deixo unha preciosa paisaxe xeolóxica...


1 comentario:

  1. Para o que vale e para o que serve! Cantas mortes se poderían ter evitado se coñecéramos máis da xeoloxía (Camping Biescas, Nevado del Ruíz, ...)

    ResponderEliminar