A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

viernes, 2 de mayo de 2014

¿Por que é importante a xeoloxía?

A través da páxina de Antena3 noticias enterámonos da morte de polo menos duas mil cincocentas persoas e máis de setecentas evacuadas a causa de corrementos de terra en Afganistán. Sucesos deste tipo poderían evitarse perfectamente tendo uns coñecementos básicos de xeoloxía. Coñecementos como que non é conveniente construír nun lugar propenso sucesos como estos. Se algunha destas duas mil cincocentas persoas houbese sido informada das condicións xeolóxicas do lugar seguramente o pensaría un pouco máis antes de mercar unha vivenda alí.
Ademais de divertida, a xeoloxía parece ser moi útil. Déixovos o enlace e unha imaxe da noticia para que xulguedes vós mesmos: Noticia

Varias personas observan los destrozos causados en una carretera

3 comentarios:

  1. O que vos digo sempre, cantas mortes poderíanse evitar ano a ano se tivésemos en conta os riscos xeolóxicos

    ResponderEliminar