A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

miércoles, 14 de mayo de 2014

Confirman as sospeitas.

Como xa saberedes moitos, dende septembro do ano pasado rexistráronse sismos no litoral de Castellón, que nun principio atribuíronse ao Proxecto Castor. Pois ben, o Instituto Xeográfico Nacional (IGT) acabou por demostrar que estos temblores teñen unha relación directa coa inxección de gas destinada a un almacenamiento subterráneo frente a estas costas. Pero ademáis descubriuse a existencia dunha falla na zona, que ata o de agora non estaba identificada e aseguraron que non se tivo en conta o impacto que este proxecto podería ter na zona.
 Segundo os datos do IGT dende 1920 ata o 1 de junio de 2013, o número de sismos nesta zona foi de 203, mentras que só en septembro de 2013 houbo uns 400, chegando incluso a os 4.2 na escala de Richter.
 Como vedes, é de grande importante facer un estudo xeolóxico e xeográfico da zona, antes de levar a cabo un proxecto destas caracteristicas xa que, as consecuencias, poden ser maiores das que imaxinamos.


2 comentarios:

  1. Mostra total de irresponsabilidade e ademais da importancia da xeoloxía, que soese tomar a broma ou non se lle da a importancia que en realidade ten...

    ResponderEliminar
  2. Ben, ben, vexo que todo o que falamos este ano valeu para que teñades conciencia da existencia dos riscos xeolóxicos e, por tanto, da importancia da xeoloxía.

    ResponderEliminar