A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

miércoles, 14 de mayo de 2014

A consecuencia do cambio climatico

A desaparición dos glaciares da Antártida é "irreversible".

A contracción dos glaciares na Antártida occidental hcruzou un umbral e é agora "irreversible" e "imparable", según afirmaron científicos que estudaron os datos recollidos durante catro décadas pola NASA.
 "Este estudo mostra que cruzamos un umbral crítico", afirmou Tom Wagner, científico do programa de criósfera na axencia espacial estadounidense, e añadeu que "no se sustenta en simulacros de computadora o modelos numéricos", senon que se apoia na "interpretación empírica de mais de 40 anos de observacions dende satélites da NASA". Eric Rignot, profesor de Ciencias do Sistema da Tierra da Universidade de California e glaciólogo da NASA, sosteu que "a observación deixa en evidencia un gran sector de retirada irreversible dos glaciares".
"O xeo descargase no océano e  incrementouse continuamente durante mais de 40 anos", añadeu Rignot, quen calculou a contracción  no caso do glaciar Smith nuns 35 kilómetros, a razón de dous kilómetros por ano.
A consecuencia desto pode ser catastrófica producida co aumento do nivel do mar.
Sridhar Anandakrishnan, profesor de xeociencias na Universidade estatal de Pensilvania, comentou que "o cambio que está ocprrendo é enorme". "Está claro que o desxeo do manto de xeo terá unha incidencia creciente no aumento do nivel do mar", señalou. "A situación na Antártida occidental -agregou- é particularmente mala, con unha retirada acelerada da liña de asentamento".

http://www.rtve.es/noticias/20140513/desaparicion-glaciares-antartida-irreversible/938640.shtml

1 comentario:

  1. Dentro de moi poucos anos arrepentirémonos amargamente do que non fixemos para evitalo.

    ResponderEliminar