A xeoloxía

Cada vez que escoitamos a palabra xeoloxía o primeiro que nos vén á cabeza son os minerais e as rochas, AS PEDRAS! Qué horror! Qué aburrimento! Pero … tal como di José Sacristán cunha lousa na man que contén un fósil dunha planta na película “Un lugar en el mundo” Las piedras nos hablan, pero hay que conocer su idioma; nos cuentan historias, nos hablan de millones de años. As pedras, en realidade, son os mellores libros de Historia Natural que existen, abarcan 4.000 Ma, e son gratis!

Hai uns científicos tolos que din que os dinosaurios é probable que desapareceran hai 65 Ma polo impacto dun meteorito ou por unha erupción de proporcións descomunais; que os continentes estiveron unidos formado un só en varias ocasións, o último hai 300 Ma, Panxea; que a Terra sufriu – e sufrirá – centos de períodos glaciais e interglaciais; que parte dos terreos que hoxe forman a península Ibérica andiveron de “paseo” polo círculo polar Antártico hai uns 500 Ma; que hai 410 Ma Galicia non existía como tal, o basamento de rocha que daría lugar á súa creación estaba repartido en dous grandes continentes que na época formaban parte da terra: Laurasia, no norte, e Gondwana, no sur, e, no medio, o océano Reico. … Que a vida apareceu hai 3.800 Ma!

A que xa non son tan aburridas as rochas? Teñen miles de millóns de historias que contarnos, tantas como anos ten a Terra, só hai que saber lelas. Coa xeoloxía pódese. Imaxina, razoa, pensa, sinte a historia da Terra e da vida. Síguenos.

sábado, 19 de abril de 2014

De momento "os penúltimos" Curso 2013-14

E para rematar este novo curso de xeoloxía, os vosos compañeiros e compañeiras ensínanvos como se traballa cando se identifican minerais


8 comentarios:

  1. Gran clase, mejor profesora! sigo siendo muy fan de la halita

    ResponderEliminar
  2. El vídeo cantando es incluso mejor

    ResponderEliminar
  3. Se nota que trabajamos muy duro y las piedras son muy interesantes

    ResponderEliminar
  4. Para que logo digan que a xeoloxía non é divertida!

    ResponderEliminar
  5. Jajajaa que ben o pasamos jajajaja

    ResponderEliminar
  6. Gran selección musical e gran clase

    ResponderEliminar
  7. Un ano moi entretido coa materia de xeoloxía!

    ResponderEliminar